AAAG - Voltar ó inicio AAAG - Voltar ó inicio separador quen somos separador servizos da asociación separador ligazóns separador contacto separador  
Premio de teatro María Casares Catálogo de socios Novas Foros
 
Novas




 
 
 
   foro de actores [acceder >]   
 
   foro de directores [acceder >]   
 
 
NORMAS DE FUNCIONAMENTO DOS FOROS
Estas son normas básicas de comunicación a través dos foros desta páxina web.
  • Este foro é de acceso libre. Calquera cousa que escribas nel é un comentario público e non se pode determinar quen o vai poder ler, copiar ou difundir. Tí eres o único responsable, incluso legalmente, do que escribes.
  • Respeta ós demáis usuarios. Pensa antes de escribir. Recorda que internet é global e que diferentes culturas teñen diferentes costumes. Deberás ser tolerante coas mensaxes e opinións dos outros. Fai sempre comentarios sobre os argumentos e non sobre as persoas que os defenden. Para que os foros manteñan a súa utilidade (compartir información e coñecementos) non entres no xogo de respostar a mensaxes ofensivas ou con comentarios inapropiados: só conseguirás darlle máis relevancia. Utiliza a indeferencia. Se consideras que algún comentario é ofensivo ponte en contaco co Webmaster.
  • Non se permiten comentarios con contido xenófobo ou que atenten contra a liberdade sexual, politica, relixiosa ou de opinión, ou mensaxes con material racista, amenazador, difamatorio, intolerante, abusivo, acosador, pornográfico ou ilegal ou que conteñan enlaces ó mesmo ou o promocionen.
  • Evita escribir en maiúsculas. Ademáis de dificultar a lecturas das mensaxes, escribir en maiúsculas equivale a gritar e a ninguén lle gusta que lle griten.
  • Procura ser breve, claro, preciso e conciso. Tenta escribir con corrección. TamPOuCo é cÓModO lEr menSxAxES dEstE tIPo nin escritos deste xeito.
  • Por favor, non utilices os foros como medio publicitario. Os anuncios non teñen moita aceptación e en xeral suscitan oposición.
  • Ten coidado co humor e o sarcasmo. Un comentario aparentemente divertido pódese malinterpretar. O humor sutil tende a perderse, de xeito que deberás tomar as medidas necesarios para que os demáis usuarios se dean de conta de que estás tentando facer unha gracia. A rede conta con símbolos chamados emoticones que axudan a trasmitir as emocións que na comunicación persoal veñen dadas polo tono de voz ou a linguaxe corporal. Entre os máis utilizados están (xira a cabeza á túa esquerda para interpretar o xesto que representan):
    •  :-) Alegría
    • :-( Tristeza
    • ;-) Complicidade
    • :-o Sorpresa
    • :-D Risa
    • :-/ Escepticismo
  • Resulta molesto ver varias copias da mesma mensaxe en distintos foros. Tenta non repetirte na Rede.
  • Os demáis usuarios do foro non sempren están conectados ou non dispoñen de tempo e non están obrigados a contestar. Se o fan, recorda que dar as gracias non custa tanto.
  • Por resumir e aínda que pareza obvio: Non fagas nada que a tí non che gustaría que te fixeran e recorda que do outro lado do ordenador hai persoas.
Email:
Contrasinal:

Revista Escaramuza

Xornadas «Teatro e Acción Social»

Premios de Teatro María Casares
Premios de teatro María Casares

Catálogo da AAAG

IGAEM - Instituto Galego das Artes Escénicas e Musicais  AAAG - Asociación de Actores e Actrices de Galicia