AAAG - Voltar ó inicio AAAG - Voltar ó inicio separador quen somos separador servizos da asociación separador ligazóns separador contacto separador  
Premio de teatro María Casares Catálogo de socios Novas Foros
 
Novas




 
 
 

A Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG) é unha entidade sen ánimo de lucro con personalidade xurídica propia que actúa como organismo autoxestor e autónomo agrupando aos/ás actores/actrices e directores/as de Galicia. A AAAG ten a súa sé en Santiago de Compostela e desenvolve as súas actividades principalmente no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.


Novo catálogo de actores e actrices


Acceso directo a foros
Derradeira conversación:
Derradeira conversación:
Últimas novas
DECÁLOGO DO AUDIOVISUAL GALEGO

Este decálogo, consensuado pola TOTALIDADE de organizacións do sector audiovisual, tanto empresariais como profesionais, foille presentado ó Presidente da Xunta de Galicia, nunha reunión co mesmo, o pasado día 5 de Maio de 2008.

1 Demandamos a aplicación da vixente Lei do Audiovisual de Galicia coa concreción dunha política audiovisual única para evitar a paralización do sector por mor de criterios contrapostos dentro da administración.

·2.Demandamos a optimización das partidas orzamentarias comprometidas destinadas á industria  audiovisual.

3.Propoñemos o establecemento dunha dotación orzamentaria especifica para que a Televisión de Galicia cumpra coa Lei do 5% segundo os criterios contables de dita lei.

4.Reclamamos a posta en marcha da Segunda Canle da Televisión de Galicia cumprindo o compromiso  público adquirido no seu día.

5.Reclamamos urxentes medidas con dotación orzamentaria específica para que as obras audiovisuais galegas atopen a distribución e a promoción necesarias para facerse visíbeis e rendíbeis. Tódolos esforzos que se leven a cabo na produción tornaranse ineficaces se nón empregámos o mesmo esforzo na difusión

6.Demandamos unha xestión coordinada entre a Televisión de Galicia e a Axencia Galega do Audiovisual para o apoio conxunto dos formatos admitidos na Lei do 5%.
7. Reclamamos incrementar o esforzo inversor da Televisión de Galicia nos formatos contratados ás produtoras independentes.

8.Demandámos a garantía de que a adxudicación de contratos e subvencións non recaian en empresas do sector que incumpran a legalidade no tocante os convenios colectivos vixentes.

9.Propoñemos a inclusión da materia audiovisual no ensino obrigatorio.

10.Reclamamos a participación vinculante do sector audiovisual galego nos órganos de dirección das entidades xestoras da política audiovisual galega e esiximos un organismo único que garanta o cumprimento das reivindicacións do sector

 


X
Convenio Audiovisual / Tarifas 2007
Email:
Contrasinal:

Revista Escaramuza

Xornadas «Teatro e Acción Social»

Premios de Teatro María Casares
Premios de teatro María Casares

Catálogo da AAAG

IGAEM - Instituto Galego das Artes Escénicas e Musicais  AAAG - Asociación de Actores e Actrices de Galicia