AAAG - Voltar ó inicio AAAG - Voltar ó inicio separador quen somos separador servizos da asociación separador ligazóns separador contacto separador  
Premio de teatro María Casares Catálogo de socios Novas Foros
 
Novas




 
 
 

A revista Escaramuza pretende constituir un foro no que se traten todas as cuestións importantes para o sector teatral e audiovisual do noso país, dando cabida a todas as voces que pretendan achegar a sua contribución ao debate. Cada número, maquetado polo deseñador Fausto Isorna, xira en torno a un tema de portada, polo xeral unha cuestión de actualidade e de interese do mundo do teatro ou do audiovisual, que centra a meirande parte das nosas mais de vinte páxinas. O resto da publicación complétase con artigos sobre cuestións laborais, entrevistas a personalidades destacadas do noso seitor, asi como seccións fixas de contido variado como a das Marías Guerreras, na que directoras, dramaturgas, actrices ou escenógrafas desta asociación abordan aspeitos referentes á problemática da muller nas artes escénicas.

A redacción da revista, coordenada por Comba Campoy e Santi Prego, é posíbel grazas á desinteresada colaboración de distintas persoas, membros ou non da Asociación, entre os que podemos destacar nomes como o de Nazaret López, Inma López Silva, Cándido Pazó, Xosé Manuel Oliveira «Pico», Xesús Ron...

Se che interesa colaborar na Escaramuza, non dubides en poñerte en contacto con nós. Seguro que tes muitas cousas interesantes que contar.




SUMARIO

02Humor

por Xaquín Marín

02Editorial: Quen goberna aquí?

por Comba Campoy

03Especial:

As políticas das artes escénicas

un ano despois do cambio:

03Debate: Que fixeron? Que fixemos?

Coordenación e texto por Comba Campoy

Directores, dramaturgos, conteiros, xente do circo, da

danza, do teatro amador, actores, técnicos, programadores

e críticos... Mesmo un antropólogo estivo nesta

mesa prolífica e incendiaria. Se cadra era precisa esta catarse

colectiva, tras un ano tan intenso. Esperemos que

non quede niso, nunha terapia de grupo, e que das súas

cinzas poida surxir unha enerxía renovada e, por favor,

colectiva...

08E agora... marcho

por Xesús Ron

Retrato dunha institución solitaria, por parte do membro

da xunta de comandantes da Sala Nasa, quen non

puido estar presente no debate.

11 O apoio ao teatro de pequeno

formato por Eduardo Cunha Tatán

Ainda que non puideron estar fisicamente, os títeres e

outras formas de teatro chamado pequeno tiñan que

ter a súa voz neste debate. E fano con razóns e argumentos

de tamaño xigante.

14Unha historia con futuro

por Luís Bará

Neste número especial non podía faltar unha voz: a dos

responsábeis dos departamentos encargados de aplicar

as novas políticas culturais. O Director Xeral de Creación

e Difusión Cultural defende neste artigo as medidas aplicadas

ao longo deste ano e meio polo seu departamento,

así como as que se prevén para un futuro próximo. E

por se alguén o duvidaba, confírmao: vai haber Plan.

16 Que pasou durante este ano?

por Santi Prego

As políticas do audiovisual tamén merecen un balanzo.

E para iso están as Xornadas, encontros e congresos...

Ainda que, á vista do éxito de participación, semella que

non debemos confiar muito na súa utilidade.

Email:
Contrasinal:

Revista Escaramuza

Xornadas «Teatro e Acción Social»

Premios de Teatro María Casares
Premios de teatro María Casares

Catálogo da AAAG

IGAEM - Instituto Galego das Artes Escénicas e Musicais  AAAG - Asociación de Actores e Actrices de Galicia